CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros116. Linguado á muiñeira con boliñas de arroz

13/06/2012 22:00 h

Os “Larpeiros” da TVG realizan unha innovadora proposta gastronómica e case tamén lúdica, pois se trata de “danzar” cun linguado á muiñeira con boliñas de arroz, acompañado de pastel de froitas. O punto de partida ten lugar no almorzo, como sucede entre compañeiros do bo comer e amantes da conversa, cando os larpeiros discuten moi animados sobre os peixes planos máis saborosos do mundo e rematan cun gañador, o linguado; o mestre Benigno proporá facelo dun  xeito moi especial.

   O resto, queda en mans, coma sempre, do reporteiro intrépido Tomás Alonso, quen viaxará ata o Berbés, en Vigo, onde navegarán na procura dos mellores linguados máis aló das Illas Cíes. Para completar a misión irá ao mercado de Pontevedra onde lle prepararán uns linguados como mundos para levar á casa rural onde se cociña todo, incluída a sorpresa final que teñen prevista Merchi e Leni para darlle máis troula á festa de comer e cantar.    

Atopar capítulo por: