CRTVG

Buscar

Larpeiros

Lacón e cacheira con repolo e torta de castañas

29/10/2015 22:00 h

Benigno, que as sabe todas, xa ten a remollo un lacón e unha cacheira deses porcos alimentados con castañas e propón facer un xantar que sorprenderá os seus compañeiros: lacón e cacheira con repolo, un dos grandes clásicos da cociña galega, un deses pratos que sempre gusta.
Decidido o xantar, chegará a quenda de Adrián, o “larpeiro” investigador por excelencia, que se desprazará a Vilar de Barrio, en Ourense, onde, coa axuda de Berta e Juan, coñecerá todos os segredos duns porquiños que viven como reis paseando polo monte e alimentándose de castañas e millo.
Como non podía ser doutro xeito, a castaña tamén será a protagonista da sobremesa planificada por Merchi e Leni, un torta de castañas que fará que a festa sexa completa na casa dos “Larpeiros”.

Atopar capítulo por: