CRTVG

Buscar

Luar

Homenaxe a Paula Sueiro. Con Auryn e Treixadura

12/02/2016 22:00 h

O programa “Luar” ofrecerá hoxe unha edición moi especial e emotiva, en que estará presente en todo momento a sentida lembranza de Paula Sueiro, a “recanteira” que faleceu o luns pasado en accidente de tráfico. Os presentadores, os membros do xurado de “Recantos”, os seus compañeiros no concurso e todo o equipo do programa renderanlle unha emocionada homenaxe, que incluirá un repaso das súas actuacións no concurso e a dedicatoria de varias cancións a esta promesa da música, que finou con só 20 anos.
Polo demais, aínda que sen a edición habitual de “Recantos” en sinal de dó pola morte de Pau, o espazo da TVG contará este venres cun amplo cartel de actuacións musicais, en que sobresae a boyband española Auryn. 
“Luar” tamén recibirá esta noite a visita do grupo Treixadura, que leva 25 anos de gravacións e concertos, seis discos no mercado e unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

Atopar capítulo por: