CRTVG

Buscar

Alalá

Herdeiras

23/02/2010 22:05 h

Os vellos din que a vida cambiou tanto nos últimos corenta anos que apenas parece a mesma, pero se alguén notou ese cambio dun xeito especial foron as mulleres. Neste Alalá comprobarémolo porque temos o testemuño das mulleres, das de antes das de agora, de dúas xeracións distintas. Unha son as mulleres da aldea de Seixedos; de Hermosinda, de Otilia e da madriña, tamén Otilia, que con máis de noventa anos segue tocando a pandeireta. Elas pódennos falar ben dos tempos nos que non tiñan nin cociña, nin sequera un prato para cada un, nos tempos nos que non había homes nas aldeas e tocáballes a ellas traballar a terra, ir por toxo o monte. Daquela nin soñaban sequera con que un día poderían ir a perruquería ou ter coche.

Pola contra, as mozas de Raigañas, naceron nos tempos de hoxe, asi que aparentemente téñeno todo: non pasaron fame, nin frío nin abandono pero teñen que sufrir outro tipo de carencias. Por exemplo, as mozas de Raigañas non se poden permitir algo tan sinxelo como vivir onde naceron, en Malpica... Por qué? Porque non hai traballo, asi que teñen que coller os seus estudios e os seus fillos as súas vivencias e marchar. As poucas que quedan traballan en talleres de confección ou no que van atopando.

Iso si, tanto en Malpica coma en Seixedos xúntase para tocar, para cantar, para compartir... algo que xa fixeron as mulleres galegas desde hai moitas xeracións.

Atopar capítulo por: