CRTVG

Buscar

Larpeiros

Guiso de tenreira con salsa de cervexa galega / Galletas con cervexa

19/02/2015 22:00 h

Os gustos dos galegos en canto a comida e bebida será hoxe o tema de conversa no programa “Larpeiros”. Unha cousa que lles encanta é que os galegos somos xente con gustos moi definidos, pero tamén moi variados. Por exemplo, está claro que somos un país de viño e, ademais, somos excelentes produtores de sidras e de cervexas. E é que á hora de beber temos onde escoller. E tamén á hora de comer, porque o viño, a sidra e a cervexa son  ingredientes estupendos para facer pratos doces e salgados.

Don Benigno, que as sabe todas, propón facer un xantar xuntando dous produtos galegos de primeira como son a tenreira galega e a cervexa. O cociñeiro de “Larpeiros” preparará esta semana un guiso tradicional de tenreira cunha salsa moi rica e diferente que van facer con cervexa galega.

Para isto, Adrián, o “larpeiro” investigador, irá nesta ocasión a Ourense, onde, da man de Martín e Esteban, descubrirá como se elabora unha das mellores cervexas artesanais de toda a Península Ibérica: a cervexa Áncora. E, como de cervexa vai a cousa, de volta na casa, a festa será completa coas galletas con cervexa coas que Merchi e Leni agasallarán o resto dos “Larpeiros”. 

Atopar capítulo por: