Larpeiros
Guiso de tenreira con pasta rigatone e crema de cabaza con queixo de Arzúa
24/03/2016 22:15 h
Benigno Campos cociñará pasta para xantar, unha receita de guiso de macarróns con carne, un deses pratos que saben á cociña de toda a vida e que lembran a infancia.
Pola súa parte, Adrián, irá hoxe ata A Coruña para saber o que mellor sabe: comer. O “larpeiro” máis viaxeiro descubrirá, de bar en bar, as mellores tapas da cidade. Toda unha investigación en profundidade que o levará a converterse en todo un experto en petiscos.
De volta na casa, a xornada gastronómica rematará cun puré de cabaza.