CRTVG

Buscar

Larpeiros

Guiso de pescada con vieiras e torta de marmelo e mazá

04/02/2016 22:00 h

Benigno ten intención de deixar todos os “Larpeiros” contentos, facendo un xantar con vieiras que hai tempo que non se ve nesta casa: guiso de pescada con vieiras. Ademais, pensa facer unha cremiña de allo porro que vai servir de salsa e onde se porán a pescada e as vieiras. Para coñecer todos os segredos da pesca da vieira nas nosas rías, Adrián irá voando ata Cambados, onde, coas instrucións de Adolfo, terá que traballar como un mariñeiro máis se quere levarlles aos seus compañeiros unhas vieiras á altura da ocasión. De volta na casa, estará agardándoo a torta de marmelo e mazá coa que Merchi e Leni agasallarán o resto dos “Larpeiros”.

Atopar capítulo por: