CRTVG

Buscar

Larpeiros

Guiso de carne con cogomelos e bocadiños de toffe e chocolate

28/01/2016 22:00 h

Benigno Campos non deixará pasar a oportunidade de facer un guiso dos de toda a vida, pero dándolle un toque diferente que sorprenderá os seus compañeiros. Grazas a uns bos cogomelos, o mestre vaille dar un toque potente e aromático a este guiso clásico. A sobremesa será, coma sempre, cousa de Merchi e Leni, que prepararán uns bocados de toffee e chocolate.
Unha vez decidido o menú, Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, emprenderá camiño, nesta ocasión cara á comarca de Betanzos, onde, da man de Dolores, coñecerá unhas vacas asturianas que viven tan ben adaptadas aos nosos montes como as nosas propias razas autóctonas

Atopar capítulo por: