CRTVG

Buscar

Alalá

Guezos - Fachóns

13/02/2007 22:05 h

A maior parte das festas en Galicia celébranse no verán, pero hai outras festas que conteñen verdadeiros tratados de vellas melodías populares de lareira e taberna: as festas de inverno.

Para vivir en primeira persoa unha das máis espectaculares de Galicia, viaxamos ata Castro Caldelas en plena Ribeira Sacra á festa do lume, do viño e da música: a festa dos Fachós. Alí estaremos na compaña dos Guezos,  que nos guiarán por cada recuncho desta festa que sabemos cando comeza, pero non sabemos nin cando nin como rematará.

Na festa dos Fachós xa tocaban hai dous séculos os míticos Trabazos de Castro Caldelas; un grupo que aprendeu a solfa na emigración a miles de quilómetros de Galicia e que despós espallarían o seu coñecemento á volta non só polos Fachós en Castro Caldelas, senón por moitas outras vilas da bisbarra.

O seu legado quedou recollido de dúas formas distintas xa que por un lado están os Guezos, cunha versión moderna con guitarras, baixo, teclado ou sintetizador, e por outro Os Airiños de Caldelas, un cuarteto de gaita, bombo e dúas gaitas tradicionais da zona de Ourense.

Son dúas versións cunha mesma meta, que a música popular sirva para o que sempre serviu: para que bailen e se divirtan vellos e novos, algo que na festa dos Fachós está totalmente asegurado.

Atopar capítulo por: