CRTVG

Buscar

Alalá

Gervasio Salgueiro

15/06/2011 22:05 h

Emocionábase cando era un neno ó escoitar as bandas tocar. Aquelo parecíalle a cousa mais bonita do mundo e achegábase ós músicos para ir collendo algo daquel universo que a el lle parecía marabilloso. Esta historia ten un nome, e a historia de Gervasio vai recordar este e moitos outros capítulos da súa vida. Con estas ansias foi aprender as primeiras nocións musicais para o que tiña que andar cinco quilómetros e atravesar a Ponte Vea. E así empezou a revolución no concello de Teo. Primeiro empezou a tocar na Música de Vea, a 1ª banda da súa vida e logo fundou unha propia: a Banda Artística de Vilariño; nesta banda tocaban os rapaces que el mismo ía preparando gratuitamente, e chegaron a ser trinta!Esta era a súa condición e o que fixo durante toda a súa vida: gratis primeiro o solfexo e despois o instrumento.

Durante anos compaxinou a música co oficio de zapateiro e no sitio onde arranxaba os zapatos daba as clases, as súas “academias”.A súa máxima preocupación eran os membros das distintas agrupacións nas que estivo e ademáis de Director de Banda e mestre tamén se encargaba, na maioría dos casos, de levar os rapaces á casa cando saían a tocar.

Como eran momentos de escaseza económica a banda con tódolos compoñentes case nunca saía a tocar toda xunta, dividíanse en grupos e así podían atender distintas festas. A estas pequenas excisións da gran Banda chamábanse aquí: “Música” ou “Músicas”. Sería moi difícil enumerar a cantidade de Bandas nas que participou dunha ou doutra maneira: Banda Municipal da Estrada, a de Padrón, a de Muimenta ou a de Teo.

Unha homenaxe mais que merecida ó gran Director Gervasio Salgueiro.

 

Atopar capítulo por: