Luar
Gala do cocido e Premios Gastronómicos Álvaro Cunqueiro
No Lalín Arena, entréganse os Premios de Gastronomía de Galicia, que este ano recoñecen seis restaurantes e dous colectivos, e o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”, que nesta ocasión recaeu no xornalista Cristino Álvarez.
Animan a velada figuaras como Mónica Naranjo, a cantante estremeña de pop-dance Soraya; Luz, unha das solistas máis valoradas da música española, e a banda valenciana El Viaje de Elliot, que en apenas uns meses se converteu xa na gran promesa do pop nacional.
O acordeonista vasco Kepa Junkera interpreta temas do seu novo disco, titulado “Galiza”, acompañado por Radio Cos e polos pandeireteiros de Xacarandaina.
Ademais, a Gala do cocido, presentada por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro, conta coa presenza da Banda de Música de Lalín, da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar, das Pandeireteiras da Carballeira do Cercio, da orquestra Cinema, de Manuel DeAndrade e do Bruxo Queimán.