CRTVG

Buscar

Alalá

Gaiteiros do Bico da Balouta

24/03/2012 22:05 h

Para entender o que é Bico da Balouta hai que saber tres cousas: que lles encanta a música, por suposto, que cada un ten un oficio diferente pero están xuntos de festa sempre que poden, e que todos teñen un enorme amor pola súa terra: Agolada.

Eles defínense como gaiteiros de taberna e de carballeira e neses lugares é onde se pode atopar a alegría da súa música. As súas voces cantando temas tradicionais, as gaitas, o tambor, o bombo, o acordeón, o clarinete, a tuba e calquera outro instrumento que se una para facer festa.

O que comezou hai case vinte anos como un grupo de rapaces con ganas de saber tocar algo para divertirse, evolucionou ata converterse nunha asociación que traballa desinteresadamente para que se coñezan tódalas cousas boas que ten Agolada e para que non desaparezan. Con ese afán organizan exposicións, intercambios con grupos doutros países, a festa da Randulfa, o concurso de espantallos e ata teñen feito un documental no que chaman a atención sobre a importancia que teñen as tabernas para a vida no rural. A vida no seu mundo, ao que senten que pertencen estean onde estean.

Atopar capítulo por: