Luar
Francisco, Karina e La Década Prodigiosa
24/01/2014 22:00 h
Dedicado aos barbeiros, o programa conta co testemuño de José Carro, presidente da Real Academia Galega de Medicina e Cirurxía, quen pode explicar como os antigos profesionais do peite e a navallla nalgunhas ocasións exercían de cirurxiáns. Á marxe destas curiosidades, o programa tamén ofrecer demostracións en vivo de barbeiros e peiteadores.
No apartado musical desta noite dedicada á nostalxia e á música dos 70’ e 80’, actúan Francisco, Karina e La Década Prodigiosa. Ademais, todos os Recanteiros pechan o programa cantando con Karina e Francisco fai un dueto con Maite de Noia, unha das grandes voces que pasaron polas edicións de “Recantos”.