CRTVG

Buscar

Alalá

Fonteliño

04/02/2012 22:05 h

Fonteliño é unha agrupación de mulleres que está a dar moito que falar porque conseguiron misturar á perfección os ingredientes necesarios para que o resultado sexa unha larpeirada moi tentadora.

No equipo xuntáronse o talento coa ilusión que tiñan agochada as súas compoñentes desde facía anos. Tiñan moitas ganas de cantar, de triunfar e de comer o mundo porque cando eran máis novas tiveron que dedicarse a traballar e a coidar dos fillos, polo que as afeccións quedaron a un lado.

Pero chegou o intre de gozar dos luxos da madurez e un deles foi emprender un novo camiño: aprender solfexo, a tocar instrumentos – como a gaita-,  a perfeccionarse nas técnicas vocais... Unha chea de novas sensacións.

Tanto se empeñaron que o que comezou cun curso de pandeireta acabou nisto: o salto aos escenarios, con tódolos ensaios de rigor e cunha mestra de excepción: Ana Senlle. Vaia, que non lles falta nada, nin o disco, porque xa gravaron o primeiro e a cousa vai que mete medo!

 

 

Atopar capítulo por: