CRTVG

Buscar

Alalá

Flor da Maquia

25/02/2012 22:05 h

Florentino Ruibal, coñecido en toda a comarca de Ordes como Flor da Maquía, di que o día máis feliz da súa vida foi aquel no que seus pais lle mercaron a primeira gaita. Con 83 anos, segue tocándoa coa mesma ilusión de entón e con toda a mestría de quen andivo poñendo a música a tódalas festas da contorna desde os catorce anos. Tanta é a súa paixón que aínda despois de sufrir problemas de corazón e de que os médicos lle recomendasen que deixase a gaita porque non debía esforzarse en encher o fol, argallou o xeito de seguir coa música facendo un invento caseiro cun inflador de colchonetas para dar aire co pé e non ter que soplar.

Florentino foi canteiro ademais de gaiteiro e coñéceo todo o mundo. A súa vida é moi tranquila: xoga a partida todos os días coa súa Beatriz, ensaia coa gaita e camiña cinco quilómetros pola mañá e outros cinco despois da siesta. Durante os seus paseos fala con todos os veciños e todos o queren ben. E segue sendo tan conquistador como cando era un mozo. Porque se algo lle gusta no mundo ademais da gaita son as mulleres. Menos mal que Beatriz non é celosa, porque hai que ver as aventuras que conta!

Atopar capítulo por: