CRTVG

Buscar

As Luces

Fina Casalderrey e Pepe Solla

02/05/2017 01:00 h

O cociñeiro Pepe Solla e a escritor Fina Casalderrey son os protagonistas da terceira entrega do programa de cultura e diálogo “As Luces”. Ademais de seren referentes nos seus eidos profesionais, os seus intereses e traxectorias crúzanse no eido da gastronomía xa que a autora, recoñecida polos seus títulos de literatura infantil e xuvenil, escribiu tamén “O libro da empanada” ou “Festas gastronómicas”.

Os dous comparten tamén unha actitude optimista e vital, e vocación polas súas profesións, no caso do chef, herdada dos seus pais, e no da escritora, vinculado a súa faceta como docente. 

Con Xosé Carlos Caneiro como condutor da conversa, os dous convidados desta noite intercambian reflexións e relatarán episodios e experiencias vitais innovadoras para os espectadores. 

Atopar capítulo por: