CRTVG

Buscar

Larpeiros

Filloas recheas de volandeiras / Raia fritida e arroz con volandeiras

12/02/2015 22:00 h

Os “Larpeiros” da TVG almorzan hoxe moi animados decidindo se prefiren as aves ou os peixes. Aínda que xa se sabe que se o porco voara non habería ave que o igualara. Tamén hai animais que viven no mar e que parece que van saír voando, como as volandeiras. E tamén hai peixes que teñen ás, como a raia, un produto moi rico e barato que, xunto coas volandeiras, hai tempo que non visita a mesa dos “Larpeiros”.

Don Benigno tomará voa nota da conversa e proporá facer un xantar co que matar dous paxaros dun tiro: raia fritida cun arroz de volandeiras. Estas últimas tamén estarán presentes no outro prato do menú deste xoves: as filloas recheas de volandeiras que prepararán Merchi e Leni.

Para isto, Adrián irá nesta ocasión a Cambados, onde, coa axuda de Baldo, se converterá en todo un experto na pesca da volandeira. Terá que embarcar e traballar como un mariñeiro máis, se quere levarlles aos seus compañeiros unhas volandeiras de primeira.

Atopar capítulo por: