CRTVG

Buscar

Alalá

Fermín de Insua

20/07/2011 22:05 h

Fermín leva máis de sesenta anos animando a vida dos seus veciños da Insua, en Ponte Caldelas, coa música da súa gaita. Tocando en todo canto baile, entroido ou procesión había. Ata compuxo varias pezas que levan o nome da súa aldea alí onde soan.

Agora, a piques de cumprir os noventa, continúa gozando cada vez que colle unha gaita como cando era un neno que, cheo de ilusión, construíu a súa primeira frauta coa cana dunha vasoira. Sorprende que coa idade que ten aínda se mova como o fai cando interpreta unha peza. E que continúe tocando con asiduidade cos seus dous compañeiros da alma: Antonio e Elías. Por iso os músicos novos o queren tanto. Porque admiran a súa entrega durante toda a vida. Fermín acompaña cada venres ós mozos do grupo “Os Xeitosos” da Insua na clase que lles imparte Luís Prego. E eles non dubidan en acompañar a Fermín cada vez que os precisa para actuar nalgún festival ou nalgún serán. E hai que ver a festa que montan.

Atopar capítulo por: