Alalá
Felicia
A muller que presentamos neste Alalá é unha auténtica xoia. Primeiro porque toca un instrumento que estaba prácticamente desaparecido. Os expertos din que xa se tocaba na idade media e que estaba moi ligado ao camiño portugués. De feito o instrumento compónse dunha cabaza, unha cuncha de vieira que leva enriba e duns dedais que se empregan para tocar.
Felicia tócao desde que era pequena, porque llo escoitaba tocar a súa avoa da que tamén aprendeu un montón de coplas. Pero o mellor de todo é que Felicia, con 81 anos, é unha muller incansable, pura enerxía, de feito, tódolos venres e sábados sae con fillos e netos a tocar polos seráns, polos furanchos, e non hai maneira de levala para casa ata as cinco da mañá. Felicia é retranqueira, divertida, marchosa, picante. No programa de hoxe seguro que imos aprender moito con ela…