CRTVG

Buscar

Alalá

Faustino Luis Seoane

24/06/2010 22:05 h

Faustino Luis Seoane é un gaiteiro virtuoso, clásico, elegante e moi humilde. Para el, vivir nun lugar polo que pasa moita xente dalle unha perspectiva máis aberta do mundo, quizais por iso a Faustino lle gusta moverse, a actividade, non para un minuto... de feito, dende fóra non é doado acertarlle coa idade, pero ten 86 anos. A musica sérvelle como elixir de vida, pero un dos seus segredos de xuventude é estar sempre rodeado de xente.

Rodeado de música cos da charanga coa que toca, rodeado de ambiente cos compañeiros da pesca, rodeado dos que pasan polo Cañizo, para os que sempre ten un saúdo, pero sobre todo o que lle aporta é estar rodeado da familia.

O Cañizo é deses sitios que a moitos viaxeiros lles dá a falsa impresión de que quedaron á marxe do mundo. Coas autovías vai todo máis rápido, de feito se saímos da autovía á estrada xeral dá a impresión de que, ademais do noso coche, o mundo enteiro vai máis amodo.

Atopar capítulo por: