CRTVG

Buscar

Facendo as Américas

Emilio González Portela (Uruguai)

22/10/2022 18:00 h

No antigo Mercado do Porto, case o primeiro lugar que vían e onde arribaban os galegos emigrados ao desembarcar en terra uruguaia, hai unha gran cantidade de asadores, pero seguramente o máis coñecido deles é O Palenque.

Trátase dun negocio que engrandeceu don Portela, é dicir, Emilio González Portela, un galego procedente de Tomiño que conseguiu convertelo nunha marca uruguaia de calidade e éxito. Está xestionada na actualidade polos seus descendentes, Luis Emilio e Beatriz, que continúan xunto á súa familia, o imperio hoteleiro e de restauración que comezou o seu pai e que tan fonda pegada deixou no Uruguai.

Atopar capítulo por: