Facendo as Américas
‘Facendo as Américas’ é o programa no que a TVG segue o rastro de aqueles galegos ilustres cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición semanal, a presentadora Estíbaliz Veiga achégase a un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional.
A través dunha entrevista con esa persoa e coa súa contorna, ademais de descubrirmos as súas localidades de orixe e devanceiros, coñecemos polo miúdo as vidas intensas e sobresaíntes de galegos que, por distintas circunstancias, abandonaron a nosa terra e puxeron rumbo ás Américas.