CRTVG

Buscar

Facendo as Américas

Juan Salgado (Uruguai)

15/10/2022 18:00 h

Juan Salgado, de pai de Parada do Monte en Bande (Lobeira, Ourense) e nai de Cambre de Malpica de Bergantiños, é o actual presidente de Cutcsa, a empresa de transporte colectivo urbano con máis autobuses de toda Latinoamérica.

A compañía foi fundada en 1937 por José Añón, outro ilustre galego da Laracha que lle deu traballo ó pai do noso protagonista cando chegou ó Uruguai. Juan soubo crecer nunha empresa empezando polo máis baixo e sempre co exemplo dos seus pais, que traballaban durante máis de catorce horas por día para que o seu fillo puidese ter un futuro mellor. Tanto é así que, cos anos, Juan Salgado converteríase na cabeza visible da compañía, que, pouco a pouco, vai facendo oco ás novas xeracións.

Atopar capítulo por: