CRTVG

Buscar

Facendo as Américas

Antonio García (Uruguai)

01/10/2022 17:30 h

Antonio García, un dos grandes distribuidores do Uruguai, ten as súas raíces en Peitieiros, Gondomar. Estudando Medicina soubo ver o potencial de oportunidades do país e vén de se converter nun moderno empresario noutros moitos ramos de negocio como a construción ou a arquitectura.

Profundamente vinculado ó tecido empresarial galego no Uruguai, o seu grupo empresarial dá traballo a catrocentas familias grazas ás que se consolidou o seu proxecto. Procurar o benestar da xente é, como el di, outro xeito de facer medicina. Aínda a pesar de estar a más de doce horas de avión, Antonio vén cada ano a Galicia, unha terra que leva tatuada no sangue.

Atopar capítulo por: