CRTVG

Buscar

Facendo as Américas

Julio Ríos (Montevideo)

24/09/2022 17:30 h

Julio Ríos Serapio, o noso convidado, veu a Montevideo provinte da súa terra ourensá de Lobios. Atopou unha cidade cunha morea de oportunidades empresariais e de negocio. Tanto é así que chegou a ocupar cos anos un destacado posto nunha selecta lista na que o seu nome aparece xunto ás maiores sagas empresariais do Uruguai, entre banqueiros, arquitectos, avogados, comerciantes e mesmo futbolistas de renome.

Hoxe coñecemos a umha familia entrañable, sinxela e afectuosa onde a haxa. Poderíase dicir que son os máis galegos entre os uruguaios, pero tamén os máis uruguaios dos galegos, tanto de sangue como de corazón.

Atopar capítulo por: