Facendo as Américas
Evaristo Calvar (Montevideo)
Nun barco camiño do Uruguai descendeu hai anos Evaristo Calvar. Procedente do seu Marín natal, converteuse nun empresario que conseguiu emprender e triunfar en negocios típicamente italianos, coma os das pastas frescas, ata o punto de… non ter rival.
Evaristo conseguir poñer o Río da Prata como epicentro da pasta, innovando cada día e aprendendo tanto dos seus clientes como da súa propia intuición. Hoxe, unha segunda xeración encabezada pola súa filla Mónica segue os pasos do seu proxenitor, sempre emprendendo nos negocios da hostalería, da pasta e da fabricación de pan.
E ademais, coma o seu pai, participando na vida social da colonia galega en Montevideo. O traballo e o esforzo é un longo camiño que case nunca remata, como ben sabemos os galegos. Se tivera fin, seguramente, coma os Calvar, non teriamos rivais.