CRTVG

Buscar

Facendo as Américas

Juan Bouza (Montevideo)

10/09/2022 17:30 h

O Uruguai é un país duns tres millóns e medio de habitantes, a meirande parte deles residentes na súa capital, Montevideo. No programa de hoxe imos percorrer o seu verde e húmido interior, seguramente moi semellante a Galicia.

Iso debeu pensar, Juan Bouza, o noso convidado, cando deixou a súa parroquia de San Pedro de Eume, na Capela, e mesmo o seu traballo de torneiro en Ferrol, para emigrar ó Uruguai onde pasou de asalariado a empresario de múltiples negocios. Un conglomerado de empresas de gandería e hostalería que fabrican pasta fresca, pizzas, pan, comida conxelada, viño e queixo.

Xa cumpridos os 90 anos, Juan Bouza desfruta do legado que deixa en mans das novas xeracións mentres aproveita para vir a Galicia sempre que pode. Unha maneira de non esquecer as súas raíces.

Atopar capítulo por: