Facendo as Américas
Belarmino Fernández Mazorras (Brasil)
No programa de hoxe imos coñecer a Belarmino Fernández Mazorras, fillo de Belarmino Fernández Iglesias, un dos empresarios de hostalería máis recoñecidos do Brasil e mesmo de España, propietario da cadea de restaurantes Rubaiyat, onde entre todos destaca A Figueira, unha aposta persoal de Belarmino pai. Aínda que hoxe, Belarmino fillo, nos recibe —en plena vendima— na súa casa de Rosende, sede da Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández Iglesias.
Compartimos un día de vendima con Belarmino, Ana, os seus fillos e toda a familia en Rosende. Coñeceremos polo miúdo os seus restaurantes en Sao Paulo e Río de Xaneiro. Pero sobre todo, soupemos un pouco máis da vida e logros do patriarca da familia, Belarmino Fernández Iglesias, un galego ilustre que, sen dúbida, estaría tremendamente orgulloso do traballo e do éxito da súa descendencia.