CRTVG

Buscar

Facendo as Américas

Ricardo Alfonsín (Bos Aires)

20/08/2022 17:30 h

Viaxamos de novo a Bos Aires para coñecer máis sobre a súa vida política e social, pero ímolo facer non desde a grandes avenidas e prazas porteñas, nin desde o interior do Congreso da Nación Arxentina ou do pazo da Casa Rosada —que ten moito que ver co pai do noso convidado—, senón algo máis preto, noutro pazo ubicado na capital de España.

Fillo do sempre inesquecible Raúl Alfonsín —seguramente o máis carismático e lembrado presidente da República Arxentina—, o actual Embaixador da Arxentina en España, D. Ricardo Alfonsín é, se cadra, o máis galego dos diplomáticos foráneos acreditados no noso chan patrio. Con raíces en Ribadumia, lugar co que aínda manteñen vínculo, a súa traxectoria vital non foi motivo para perder de vista o país de orixe.

Faremos un repaso pola vida persoal e política do seu pai e das influencias que deixou nel. Homes sans e transparentes, cheos de equilibrio, calma, intelixencia, xenerosidade e bo humor.

Atopar capítulo por: