CRTVG

Buscar

Facendo as Américas

Juan Alvite (Río de Xaneiro)

06/08/2022 17:30 h

O equipo de “Facendo as Américas” visita Río de Xaneiro, antiga capital do Brasil e a segunda urbe máis poboada do país despois de Sao Paulo, é única no mundo e ningunha outra cidade se lle pode comparar en paisaxe, orografía, atmosfera ou na cordialidade das súas xentes. Famosa pola beleza das súas praias, cerros ou lagoas, é natural que tantos galegos elixiran o Río de Xaneiro coma o seu segundo fogar.

Como foi o caso de Juan Alvite, empresario hoteleiro establecido no barrio de Flamengo e home tremendamente comprometido coas causas sociais e a emigración galega e española no Brasil. Namorado do Río, seguramente a primeira vez que chegou, dixo para si aquilo de: “Río, voce foi feito para min”. Para coñecelo polo miúdo, Juan nos recibe en Mazaricos, moi preto do seu fogar natal que, co bo galego, nunca esquece a pesar de que familia, amigos, empresas e negocios, que tamén imos descubrir, agárdano sempre na marabillosa cidade carioca.

Alí estaremos cos seus fillos, Rodrigo e Sandra. Xuntos, co resto da familia, levantaron ao cabo dos anos o pequeno imperio hoteleiro que xestionan con eficacia e dilixencia, lonxe da súa terra, pero moi preto do ceo que sen dúbida é ese paraíso chamado Río de Xaneiro.

Atopar capítulo por: