CRTVG

Buscar

Facendo as Américas

Ricardo Gago Salinero (Panamá)

17/07/2021 19:30 h

Ricardo Gago Salinero é un dos personaxes máis eminentes e salientables de Panamá, tanto pola súa labor empresarial, como social e mesmo de mecenado relixioso. Cabeza visible da actual “Casa do Xamón”, que tivo o seu berce na exitosa “Supermercados Gago”, e fillo e neto de galegos. Concretamente, oriúndo de Amil, en Pontevedra, de onde partiron, en 1941, o seu avó Ricardo Gago Vázquez —fundador con outros socios da “Vizcaína”, o primeiro supermercado do país—, e, máis tarde, en 1950, o seu pai Lázaro Gago López, creador de “Supermercados Panamá”, que abriu con oito empregados e dous caixeiros e que, co tempo, derivo na cadea “Supermercados Gago”, a máis grande de Panamá, que chegou a ter mil seiscentos traballadores. 

Atopar capítulo por: