CRTVG

Buscar

Facendo as Américas

Olegario Vázquez Raña (Cidade de México)

28/08/2021 20:00 h

O noso convidado de hoxe é Olegario Vázquez Raña, oriúndo do pequeno concello ourensán de Avión, un dos galegos máis exitosos do mundo, quizais só comparable a Amancio Ortega, cun grupo formado por máis de 80 empresas que abarcan sectores como o turístico e hoteleiro, os medios de comunicación, a banca, a sanidade, a construción ou a aeronáutico, entre outros. De Olegario Vázquez Raña pódense destacar moitas cousas, eu diría sobre todo que é un home apaixonado por todo o que fai, sexa traballo, deporte ou simplemente conversar apacibremente co seu interlocutor de turno . El di que é un home de sorte, pero eu penso que é, por riba de todo, unha persoa apaixonada e vital, que destila simpatía e tamén moita empatía. Se tivera que quedar con algo destacable nel para o recordo, quedaría co seu sorriso. Ese sorriso aberto, franco e sincero que só poden lucir os galegos bos e xenerosos.

Atopar capítulo por: