Larpeiros
Fabas de Lourenzá con paspallás e empanadillas de crema de cabaza
19/11/2015 22:00 h
As fabas xa estiveron moitas veces no programa, acompañando o polbo, o lacón, as cigalas... Pero a Benigno ocorréuselle unha nova receita para o xantar coas fabas desta comarca lucense. O xefe de cociña de “Larpeiros” vai preparar fabas de Lourenzá con paspallás.
Para poder facer esta suculenta receita, o reporteiro máis viaxeiro de “Larpeiros”, Adrián, irá ata Lourenzá. Unha vez no lugar, da man de Maruxa, converterase en todo un experto no mundo da faba. Coñecerá todos os traballos polos que hai que pasar para que esas fabas, con fans no mundo enteiro, cheguen ás nosas casas.
E, de volta na casa, a larpeirada vai ser completa coas empanadillas de crema de cabaza coas que Merchi e Leni agasallarán os “Larpeiros”.