CRTVG

Buscar

Larpeiros

Estufado de porco con verduras e madalenas de cabaza

11/02/2016 22:00 h

Benigno Campos pensa que hoxe é o día perfecto para facerlle unha homenaxe ao porquiño preparando un xantar que poucas veces pasou pola mesa: estufado de porco con verduras. Este estufado, coas súas cenorias, os seus chícharos e os seus feixóns verdes, é un prato saboroso, colorido e nada caro. As madalenas de cabaza argalladas por Merchi e Leni poranlle a nota doce a este exquisito menú.
Pola súa parte, Adrián viaxará nesta ocasión a Sobrado dos Monxes, onde, grazas a Víctor, coñecerá uns porquiños da raza Duroc que viven como auténticos marqueses.

Atopar capítulo por: