CRTVG

Buscar

Luar

Especial Todos os Santos con María del Monte, A Pelopony e os irmáns Diumaró

31/10/2014 22:00 h

En vésperas do Día de Todos os Santos, o programa “Luar” estará hoxe dedicado aos camposantos galegos e a todas as tradicións que envolven esta data tan sinalada. O espazo da TVG visitará os cemiterios máis curiosos, contará cun coche fúnebre de comezos do século XX e, coa axuda do público, decidirá cal sería o epitafio que debería figurar no nicho dos presentadores e colaboradores do programa cando deixen este mundo.

No capítulo musical, “Luar” ofrecerá esta noite as actuacións da “Raíña das Sevillanas”, María del Monte, da cantante e bailarina La Pelopony, dos irmáns Diumaró, da orquestra Charleston Big Band, das pandeireteiras de Xestreu, da agrupación Sax Angels Mayeusis, da Asociación Cultural Faragullas de Teixeiro e da Banda Municipal de Música de Caldas de Reis.

Por outro lado, o concurso “Vai de Gaita” chega este venres con novidades, xa que comezan as actuacións do segundo grupo do certame, hoxe co debut de Saray González e Miguel Sanromán. No tempo de “Recantos”, será a quenda de María Fernández, representante da comarca Terras de Lugo; e de Elena, procedente da Arousa.

Atopar capítulo por: