CRTVG

Buscar

Alalá

Especial 'Serán en Barcia de Mera'

22/08/2014 22:30 h

Grupos de xente de todas as xeracións procedentes de Alxán, Seixedos, Gargamala, Laxoso, Frades ou mesmo Mondariz darán vida e ledicia a este programa que leva por título “Seráns en Barcia de Mera”, facendo alusión á reitoral de igrexa de San Martiño de Barcia de Mera, un dos monumentos barrocos con influenza ultramarina portuguesa máis importantes da comarca.

Os seráns eran, e seguen sendo, xuntanzas musicais que as xentes de entón facían ao final das xornadas de traballo ou nos escasos días de lecer que tiñan. Comezaban normalmente cando entraba o mal tempo e chegaban mesmo ata o Entroido, despois das tamén populares “Foliadas” do final do estío. O equipo deste programa, presentado por Pilar García Rego e dirixido por Senén Bernárdez, xuntou unha chea de xente para cantar e bailar da famosa reitoral. 

Grupos como “Os Folieiros” , “As Abeleiras de Alxán”, “Os Xeitosiños”, as “Pandereteiras de Gargamala”, “Pedraquetiña”, “Volta e dálle” ou “O son do río” interpretarán numerosas xotas, muiñeiras, mazurcas e mesmo pasodobres galegos neste especial Alalá, no que tamén haberá tempo para sons ancestrais das “músicas de traballo”, como as añas, con cantos a capela acompañados de sons metálicos dunha pedra e un sacho.

Atopar capítulo por: