Alalá
Especial Noiteboa en Piornedo
Para pasarmos xuntos unha Noiteboa especial ímosvos traer ata o curuto dos Ancares, ata o lugar de Piornedo. Será unha noiteboa desde a montaña e na montaña. Será como entrar nunha fermosa posta de Nadal: só que abriremos as portas das pallozas, prenderémolo lume, pasaremos pola cociña e percorremos pistas e camiños para atoparnos coa música.
Porque non vimos sós, connosco veñen gaiteiros, charangas, e mulleres de voces marabillosas que van encher o Piornedo de música. Cantaremos panxoliñas, pedirémolo aguinaldo, e bailaremos con melodías que veñen tamén do outro lado da móntaña...ou do mar, e mesmo do outro lado do mundo. Esta noiteboa imos revivir algúns costumes xa esquecidos, ímoslle quitar as arañeiras a lugares e historias de outros nadais que xa non existen.
Esta Noiteboa é auténtica, diferente, nosa. Tanto que xa empezamos a celebrala pola mañá, con alboradas e pasarrúas. Como acabará, é un misterio!
Estará con nós Eduardo González, Justo do Rego, Faíscas de Solobeira, Os Jalos d´antioquía, Os Terribles de Donas, Xavier Blanco, Sonia Lebedysky, José de Gregorio e moitos máis.