CRTVG

Buscar

Luar

Especial Nadal 2015

25/12/2015 22:00 h

O espazo da TVG presentado por Xosé Ramón Gayoso ofrece unha selección das mellores panxoliñas que se interpretaron no seu escenario durante todos estes anos. 

Escoitamos “Noite de paz” en galego e en castelán e nas voces de Golden Apple Quartet, Astarot e Lucía e Christian. Tamén “O tamborileiro”, interpretado por artistas tan dispares coma Sergio Dalma, Raphael e Xosé Manuel Piñeiro.

Habi artistas que aparecen por partida dobre nesta edición especial de “Luar”. Rosa cata “Dime niño de quién eres” e “Navidad junto a ti”; o grupo A Roda fai o propio con “Galego de Galilea” e “Aninovo”; as cantareiras de Malvela achegan as panxoliñas “Nadal en Mos” e “Alerta, pastores, alerta”, e Xoán Rubiá e María Manuela cantan “Imos a Belén” e “Aquí neste alpendre”.

Paloma San Basilio interpreta “Nirvana”; Na voz de Juan Pardo soa “Año Nuevo”; o grupo Alazán, que interpreta “Alegría, alegría”; Francisco, con “Navidades blancas”, e Al Bano, que, a dúo con Cristina Pato, canta “Blanca Natale”.

Por parte galega, “Luar” conta tamén coas panxoliñas de Pili Pampín, que canta “Ai do pequerrechiño”; Tania Fuegho, con “Adiante os fieis”; Manolito el Pescador, con “Os peixes polo río”; Manuel DeAndrade, a quen lle toca “Un branco Nadal”; e as Cantareiras do Berbés, con “Pastores, cantarlle ao neno”. Ademais, as orquestras Palladium e Los Satélites tampouco perderán ocasión de interpretar as súas panxoliñas.

Esta vista atrás tamén inclúe unha lembranza do paso polo programa de artistas xa desaparecidos, como Demis Roussos, con “Blanca Navidad”; Peret, con “Villancicos gitanos”; Manolo Escobar, con “Tiempo de Navidad”; e Luis Aguilé, que no seu día interpretou en “Luar” o tema “Ven a mi casa esta Navidad”.

Atopar capítulo por: