CRTVG

Buscar

Alalá

Especial Nadal

26/12/2006 22:05 h

Unha noite polas músicas e costumes máis vivos do Nadal galego.

Alalá conta con moitos artistas e formacións que estiveron no seu día no programa amosando os seus saberes e quefaceres. Todos eles e o equipo do programa reunímonos arredor dos costumes do Nadal dos galegos e de todos aqueles que ano tras ano son quen de revivilas e contalas.

A faceta musical do programa xirará arredor dos cantares do Nadal, recreando históricas panxoliñas, aguinaldos, cantares de reis ou manuelas, pero tamén se fará un repaso polas tradicións e celebracións orixinarias destas festas, moi relacionadas coa gastronomía do país, así como a súa evolución e comparación coas de hoxe en día.

Atopar capítulo por: