Era visto
Especial Nadal
Na primeira historia da noite, os espectadores descobren por que a árbore de Nadal de Lameiro non é o abeto, senón outra especie ben distinta. A continuación, no sketch titulado “Merry Christmas to you”, vemos os disparatados esforzos dos lameirenses por facer que as súas festas do Nadal se parezan ás das películas americanas.
En “O primeiro Nadal de Kevin”, este “Era Visto!” especial amosa as orixes do Belén que todos os anos se monta na casa de Moncho e Elvira e que nada ten que ver co tradicional do resto dos fogares.
Para finalizar esta Noiteboa de risa a esgalla, outra de Beléns, neste caso a formación vivente que os de Lameiro montan para competir cos da Choupana e que conta coa interpretación dunha panxoliña composta e interpretada para a ocasión polo gran Toni Lomba.