CRTVG

Buscar

Alalá

Especial Foliada en Bergantiños

14/08/2015 22:05 h

Este ano celebra o décimo aniversario da súa foliada, convertida xa nunha das citas ineludibles para os amantes do folclore galego da bisbarra.

Participan na Foliada máis de trinta grupos de pandeireteiras, gaiteiros, acordeonistas e cantareiras, entre eles, Pazos de Merexo, Teresa dos Cucos, Quique Peón e Xurxo Fernándes, Xacarandaina, Raigañas, Arume de Verdillo, Fol de Veneno, As 3 comadres, os Fillos de Pepa Loba, Malante, Lúa Chea de San Xoán e moitos outros.  E, como vén sendo habitual, hai unha Foliadiña para que os máis pequenos amosen as súas habilidades musicais e participen da festa. 

Neste Alalá especial, tamén coñecemos o contexto en que se desenvolve a cultura tradicional en Bergantiños, o traballo do mar e da terra e a riqueza histórica e etnográfica da comarca, o lugar onde mellor se conservaron tradicións como a regueifa e a muiñeira vella.

Os maiores desta zona son os que conservan a memoria das vellas danzas e melodías e, grazas ás recollidas realizadas por Raigañas ou Quique Peón, foi posible a conservación e o recoñecemento destas pezas.

De feito, a comarca de Bergantiños é unha das zonas de Galicia onde mellor se conservaron as tradicións musicais e festivas. É unha das máis visitadas por antropólogos e investigadores musicais, atraídos pola súa riqueza en lendas, vellos costumes, danzas, melodías e ritmos case esquecidos. 

Atopar capítulo por: