CRTVG

Buscar

Era visto

Especial Elvira

23/02/2013

As anécdotas máis divertidas vividas por Elvira, personaxe que interpreta Patricia Vázquez.

No primeiro dos sketchs, Moncho ten unha gran dor de costas, polo que Elvira lle dá unha masaxe e cúrao. Moncho cóntallo a todo o mundo e isto vai facer que todos en Lameiro queiran que Elvira lles dea masaxes. Pero o asunto non lle fai moita graza a Moncho.

Elvira comeza a traballar como policía municipal e resulta ser unha axente moi estrita. Na última das historias da noite, Elvira ponse a traballar nunha brigada forestal do Concello e isto vai facer que cambie a vida de todos na casa.

Atopar capítulo por: