CRTVG

Buscar

Luar

Especial Axuda en Acción, "Contra a pobreza infantil, apadriña"

03/06/2016 22:00 h

A campaña ten como embaixadora a presentadora galega Silvia Jato, quen coñeceu persoalmente o traballo da organización nunha recente viaxe solidaria ao Perú. Jato estará hoxe presente durante todo o programa e compartirá cos espectadores da TVG a experiencia da súa viaxe e as realidades que coñeceu.
Ademais, durante toda a noite, rostros coñecidos da Galega, como Tacho González, María Solar, Nieves Rodríguez, Lucía Regueiro, Benigno Campos e Sonia López, colaborarán na recadación de fondos e farán continuos chamamentos para conseguir que se apadriñen o maior número posible de nenos e nenas para mellorar as súas condicións de vida e as das súas familias.
Neste “Luar” solidario non faltarán a música e o humor, coa presenza de Chambao, que acaba de presentar o seu novo disco, titulado “Nuevo ciclo”. María del Mar Rodríguez, coñecida como Lamari de Chambao, unha muller sincera e directa, aposta polos cambios e a renovación neste traballo, co que abre unha nova etapa na súa carreira, unha andaina que quere comezar cambiando de son, renovando os seus rexistros e explorando novos territorios.
O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e Rocío Barrio tamén recibirá este venres a visita de David Civera, un cantante con máis de 10 anos de carreira discográfica, que no seu último traballo, titulado “Versión Original”, achega innovación, actualidade e frescura nunha decena de cancións de autoría propia.

Atopar capítulo por: