CRTVG

Buscar

Alalá

Especial: A música tradicional galega en Brasil

26/01/2010 22:05 h

A primeira parada da viaxe será en Río de Xaneiro, a cidade tropical por excelencia. Considerada como unha das máis fermosas de América e do mundo, foi capital de Brasil e na época colonial a única cidade de América que foi sé dun imperio europeo, o Portugués.

Con esa historia... Existirán gaiteiros en Río? Pois sí, un deles é novo, chámase William Monroe e vive nunha “floresta” que é algo así como a selva brasileira. En principio, todo isto non casa moi ben coa gaita, pero esta noite veremos como William Monroe é un dos mellores gaiteiros que temos en Brasil e ademáis toca ao  xeito tradicional galego que dominan moi poucos gaiteiros incluso daquí: o pechado en Río de Xaneiro.

Salvador de Bahía será a segunda parada na viaxe, alí coñeceremos aos protagonistas que mantiveron viva a música tradicional galega na cidade. Salvador foi dos lugares de Brasil onde máis galegos chegaron xa dende fins do século XIX. A maioría deles foron para traballar en sectores como a hostelaría ou a alimentación. Alí viviron permanentemente co soño de voltar á sua Galicia natal, pero co tempo foron formando familias e o retorno íase facendo máis dificil... Neste contexto a música valeulles pra ter a súa casa un pouquiño máis cerca, uns deles son unha linaxe familiar de gaiteiros: o grupo “Os Celtas”.

Atopar capítulo por: