Alalá
Ernesto Campos
                        
                        09/03/2010 22:05 h                        
                        
                    
                                    
                Dende os anos oitenta a composición para a gaita e o piano empezouse a xestar no Conservatorio de Vigo. Un novo alumno chamado Ernesto Campos foi o primeiro que durante moitísimos anos, en solitario, acumulou pezas para este formato pouco usual e incluso criticado.
Explicar a xénese deste proceso cando hoxe xa parece normalizado, incluso coa edición dun disco deste tipo de pezas, non é só interesante, senón necesario. Ernesto Campos é un home peculiar como compositor e intérprete na música galega que a pesares da súa xuventude ten unha bagaxe inigualable de composicións que xa están formando parte das mellores gravacións actuais do panorama musical de Galicia.