CRTVG

Buscar

Era visto

Era visto (Edición Especial Nadal)

22/12/2012 22:00 h

O Nadal chega a Lameiro e con el catro historias clásicas destas datas que teñen como protagonistas a Moncho e aos seus, os particulares habitantes do universo de “Era Visto!".

    No primeiro sketch, “O carteiro milagreiro”, Moncho quere recuperar a figura do Apalpador (o tradicional Papá Noel galego), pero a súa iniciativa choca coa desconfianza e ignorancia dos habitantes de Lameiro polas tradicións do noso país.

    En “A idade da inocencia”, chegou a hora de dicirlle a Kevin a verdade sobre os Reis Magos. O descubrimento impacta tanto o rapaz que acaba por converterse nun completo descrido, sen ilusión por nada. Pero, por sorte, o Nadal é un momento máxico en que os milagres tamén ocorren.

    “Era Visto!” continuará con “O aguinaldo”, onde, por primeira vez na historia de Subministros Anselmo, Moncho vai recibir unha paga extra de Nadal, pero, nun descoido provocado pola excitación, perde o sobre. O que en principio semellaba ser unha desgraza, ofreceralles a el e á súa familia a posibilidade de celebrar o mellor Nadal das súas vidas.


    A última historia deste programa especial será “O Nadal de Puskas”, con este personaxe, amargado e solitario, fantasiando con acabar coa súa vida en plenas festas de Nadal. Pero a aparición milagreira dun misterioso personaxe (encarnado polo humorista Xosé Luís Bernal “Farruco”) faille ver as cousas doutra maneira.

Atopar capítulo por: