Era visto
Os marcos/ A goteira/ Día de voda
21/01/2012 22:00 h
Moncho precisa ampliar uns ferrados dunha leira e todos lle aconsellan que mova, pouco a pouco, o marco que delimita a súa leira coa de Don Anselmo, o xefe; a segunda peza ten que ver cunha goteira na casa que non deixa durmir a ninguén, pero tampouco queren avisar un fontaneiro, por mor da crise, e a última historia reflicte os apuros de toda a familia cando chega o “Día da voda”, en que os convidan á voda de Carmiña, unha curmá de Elvira, pero Moncho non pode con tanto gasto.