CRTVG

Buscar

Era visto

Mal de ollo/ Elvira conductora/ O botellón

18/02/2012 22:00 h

A aposta polo humor á galega de “Era visto!”, un xeito diferente de achegar ao público unha comedia familiar alternativa á ficción tradicional, preséntanos hoxe novas historias dos personaxes orixinais do universo rural galego. O protagonista, Moncho (Federico Pérez), é un pai de familia optimista pero desbordado, que se confesa diante da cámara, casado e cun fillo, que vive nun chalé solitario a medio facer ao pé dunha estrada comarcal.  

As pezas humorísticas están salpicadas da sátira, tópicos e costumes da vida actual, como as de hoxe, co mal de ollo que lle bota unha veciña de Lameiro a Moncho, que a pesar de non crer niso, todos lle aseguran que vai ter moi mala sorte por mor da maldición; con Elvira cando decide sacar, unha vez máis, o carné de conducir e Moncho disponse a darlle clases, e coa familia intentando que Kevin deixe de facer o “botellón” nas rúas.

Atopar capítulo por: