Era visto
Era visto 100
Despois do programa especial, ás 22.30 h., emítese un novo capítulo coas andanzas dos protagonistas de “Era Visto!”. Nesta ocasión, os espectadores verán como Anselmo ten a grande idea de intentar conseguir que en Lameiro se faga o novo aeroporto internacional de Galicia, o que lles parece unha iniciativa estupenda a todos os da vila.
Ademais, coma cada 20 anos, Lameiro enteiro cae ante a terrible epidemia que alí se coñece como “a gripe da Choupana” (e que na Choupana se coñece como “a gripe de Lameiro”). Só Kevin se liberou do andazo da gripe, pero non de sucumbir ao máis febril dos delirios.
A continuación, no último sketch da noite de “Era Visto”, a compra dun touro mecánico para o bar de Puskas fai que todo Lameiro acabe sucumbindo ao encanto do estilo de vida texano.