CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

Enrique, veterinario / Sindo e Álvaro, sendeiristas / Juanjo, monitor

16/02/2015 23:30 h

“Cos Pés na Terra”, un programa onde homes e mulleres, sobradamente preparados, demostran que hai futuro máis alá das cidades e amosan a súa opción inequívoca de quedar no campo, viaxará hoxe a Boimorto para coñecer a Enrique, un veterinario con tanta paixón polos animais que non dubida en converter a súa casa nunha granxa.

O espazo da TVG tamén acompañará a Sindo e Álvaro, deseñadores de rutas da Asociación “Galicia Sendeirismo”, no deseño dunha ruta pola espectacular Fraga do Barragán.

Por último, “Cos Pés na Terra” comprobará, da man de Juanjo, monitor no Albergue Alvarella, que recuperar tradicións pode ser divertido e que para pasalo ben non importa a idade.

Atopar capítulo por: